sábado, 1 de septiembre de 2012

NAUTICA DE RECREO ¿TEMOS POUCA ESCOLA?


Temos que poñer un pouco de interés en facer as cousas ben. Este verán estamos vendo accións que esperemos non volvan suceder. Algunhas por descoñecemento do entorno, pero precisamente si non se coñece por onde andamos, hai que dar mais marxen a zonas de baixos, praias, rompentes e ter mais coidado nos accesos a dársenas. As zonas de bateas, a diferencia do que poidan pensar moitos navegantes, solen ser augas profundas, cando menos, as cordas do mexillón teñen 12 metros, así que haberá auga de sobra baixo a quilla. O problema e cando nos acercamos a praias como a de Barraña, que é de fondo plano e polo tanto pouco calado, ou accdedemos a Carragueiros a media marea, e nos esquecemos dos Farruqueiros, do Conle de Juan, das Portas. O verán pasado unha planeadora deixou a cola do foraborda nos Farruqueiros, foi todo un espectáculo para os bañistas, pero casi unha auténtica desgracia para os ocupantes da lancha.
Outras pedras que quedan ocultas ca marea, son as das pasantías entre os Baos e A Benza (Illa Benencia nas cartas) as Tres Covas que si non o temos claro por onde hai que pasar, case é mellor ir por fora da illa. E si non diriximos á Ladeira, moito coidado ca Mula, primeiro, e ca Galera despois. Esta última encóntrase no medio e medio entre as bateas e terra, xusto fronte as tuberías de Boiromar. Ahí na Galera, quedou montada enriba unha lancha a pasada semana, e ainda que ao final tirando dela desde outra embarcación poido sair, o susto para os tripulantes foi monumental.
Nas mareas vivas, como por exemplo esta tarde, a Mula do Chazo queda oculta en pleamar, así que tamén mostra perigo para os que recalan na Retorta, procedentes de Vilagarcía ou Rianxo.
Lembremos tamén, que as embarcación non se deben acercar a menos de 200 metros das praias a non ser que estas teñan designadas con boias unha entrada. 
Por último, non nos podemos olvidar das regulacións con respecto ao tráfico portuario, é para elo, que mellor que pegar un recorte da prensa sacado de Portos de Galicia:
MARÍTIMA Mar limita a 3 nudos la velocidad del tráfico en los puertos gallegos. Prohíbe los adelantamientos y da preferencia a las maniobras de salida.
Velocidad: Para empezar, como en la carretera, habrá límites de velocidad. A 300 metros del espigón de entrada a la dársena, la embarcación deberá navegar a menos de seis nudos. Y una vez que esté dentro de las aguas portuarias, no se podrá poner a más de tres nudos, más baja incluso si así lo requieren las condiciones de seguridad o la mala visibilidad.




Barco Vikingo na Marina